Saturday 04 de May de 2024

A Unión Pilateira Galega presentarase nun evento que incluirá unha xornada formativa de pilates dirixida a profesionais


O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe o evento no que se dará a coñecer públicamente a asociación Unión Pilateira Galega (UPG) e se levarán a cabo catro masterclass e dúas worrshops a cargo de dous recoñecidos pilateiros, Jacobo Gómez e Mahsa G. No acto estiveron presentes Sonia Rodo, presidenta da asociación e tamén Rebeca Pereira, vicepresidenta; Susana Doce, secretaria e Lydia Galán, vogal.

A convocatoria diríxese a profesionais e desenvolverase o vindeiro 2 de setembro nas instalacións do pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, a partir das 9.30 horas. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 627 132 563, debendo abonar 40 euros se son socios da entidade ou 60 no caso de non estar asociados (o prezo inclúe o xantar nun local de hostalería da cidade).
O programa do evento dará comezo coa presentación para continuar con un mat a cargo de Jacobo e Mahsa e de 10.00 a 11.00 horas terá lugar un master de foam roller con Mahsa. Entre as 11.00 e as 13.00 horas desenvolverase un workshop de pilates mat clásico con Jacobo Gómez e de 13.00 a 14.00 un master de soft ball con Mahsa. Haberá unha parada de 14.00 a 15.00 horas para o xantar e o programa retomarase ás 15.00, cun master de aro para seguir ás 16.00 cun workshop de patoloxías e ás 18.00 cun master con pesas.

A presidenta da Unión Pilateira Galega indicou que é o primeiro evento destas características que se organiza na comarca a este nivel e avanzou que as persoas que acudan obterán un certificado de asistencia. Así mesmo, explicou que a Unión Pilateira Galega estará presente na directiva da Federación Española de pilates, representada por cinco comunidades autónomas e da que na actualidade está pendiente de aprobación o seu rexistro.
O concelleiro de Deportes destacou a importancia de contar cunha asociación como a Unión Pilateira Galega en Narón, de moi recente creación e que ronda o medio cento de asociados. Santalla animou aos profesionais do pilates a inscribirse nesta convocatoria, “para poder desfrutar e aprender de recoñecidos formadores profesionais de pilates” ao tempo que agradeceu a implicación da entidade naronesa por programar este evento na cidade.